6º Edición: Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10 h)

Todo o que debes coñecer sobre o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundizar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo.

Ase mesmo, nesta formación trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación no orde penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes ás ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

Docente

Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronos e asíncronos co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

Que inclúe este curso?

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración do curso será de 10 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • Módulo teórico (6,5 h)
  • Módulo práctico (3,5 h)

Módulo teórico

Este módulo estará composto por pílulas formativas de 4 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en sete temas vinculados á materia:

Tema 1: O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no traballo: marco normativo, conceptualización, elementos e exemplos de conductas.
Tema 2: Obrigas das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e das persoas traballadoras ante o acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Tema 3: A integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais na empresa.
Tema 4: O protocolo para a prevención e tratamento das situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Tema 5: A tutela administrativa e xudicial ante as situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Tema 6: O acoso sexual e por razón de sexo nas Administracións Públicas: especialidades.
Tema 7: O acoso sexual e por razón de sexo como manifestación da violencia de xénero no lugar de traballo: consecuencias xurídicas e protección das víctimas.

Ase mesmo, co obxectivo de expor dúbidas, abrir temas de debate, afondar no coñecemento das ferramentas e modelos proporcionados e resolver as dúbidas das persoas participantes, levarase a cabo unha sesión en liña (sesión en liña_Titorización: Repaso do contido teórico) na que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente. Esta sesión cunha duración de 2,5 h terá lugar o 30 de novembro en sesión de tarde.

Módulo práctico:

O módulo práctico combinará a explicación dos casos prácticos que deberán ser resoltos polas persoas participantes de maneira individual (gravación asíncrona de 1 h de duración) cunha sesión en liña de asistencia obrigatoria (sesión en liña_Resolución de casos prácticos) na que o alumnado exporá os seus traballos, recibirán feedback e traballarán nun debate conxunto. Esta sesión terá unha duración de 2,5 h e celebrarase o 14 de decembro en sesión de tarde.

Prevención do acoso sexual e por razón de sexo no traballo

A quen vai dirixido?

A responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral.

Carácter preferente:

Hai un total de 80 prazas!
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Pertencer a unha empresa onde non haxa persoas que xa obtiveron o certificado de aproveitamento deste curso.
2. Ocupación: Persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.
3. Perfil: Perfís relacionados coa implantación dun protocolo de acoso (Responsable de recursos humanos; persoal técnico; persoal de administración).

Duración

Entre o 21/11/2022 e o 23/12/2022.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 16 de novembro de 2022.
Prazas limitadas

Máis cursos en liña