1º Edición: Curso avanzado en igualdade laboral (35 h)

Todo o que debes coñecer sobre á nova normativa estatal en materia de igualdade

Formación en liña de 35 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende facilitar ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, afondado nos coñecementos necesarios en todos os aspectos que conleva a elaboración dun plan de igualdade.

Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo:

  • Negociación do Plan de Igualdade
  • Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación
  • Rexistro e auditoría retributiva

Docentes

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por unha parte teórica que consta de 7 módulos impartidos de forma pre-gravada e 3 clases prácticas en liña. O curso combinará  actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

Que inclúe este curso?

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración do curso será de 35 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • Módulo teórico – Actividade asíncrona (27,5 horas)
  • Módulo práctico – Actividade síncronas (7,5 horas)

Módulo teórico

Módulo 1: Conceptos básicos da igualdade de oportunidades. Ana Isabel Pérez Simal

Módulo 2: Aproximación á normativa en materia de igualdade nas  relacións laborais e problemática actual. Emma Rodríguez Rodríguez

Módulo 3: Negociacións dos plans de igualdade. Plans de igualdade no ámbito público e privado. Emma Rodríguez Rodríguez e Jaime Cabeza Pereiro

Módulo 4: Contido do plan de igualdade

  • A diagnose. Teresa Pedrosa Silva
  • A PRL con enfoque de xénero. Miryam Garabito Cociña
  • Charla maxistral sobre a Diagnose e a negociación dos plans. Jose Fernando Lousada Arochena

Módulo 5: Igualdade retributiva

  • A igualdade retributiva. Sandra Garcia Lombardia
  • Charla maxistral sobre a igualdade retributiva. Jose Fernando Lousada Arochena

Módulo 6: Acoso sexual, acoso psicolóxico e violencia de xénero no lugar de traballo

  • A prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo. Sandra Garcia Lombardia
  • Charla maxistral sobre o acoso sexual, acoso psicolóxico e violencia de xénero no lugar de traballo. Jose Fernando Lousada Arochena

Módulo 7: Medidas de igualdade. Seguimento e avaliación. A importancia do seguimento. Revisión do plan

  • Plan de acción. Seguimento e avaliación. Mónica González Otero
  • Charla maxistral sobre as medidas de igualdade. Jose Fernando Lousada Arochena
  • Rexistro dos plans de igualdade. Maria Del Carmen Sixto Vilas

Módulo práctico

O módulo práctico levarase a cabo a través de sesións en liña nas que se traballará cada unha das partes do plan de igualdade.

En concreto, levaranse a cabo 3 sesións síncronas:

Igualdade Laboral

Nivel avanzado

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade. 

Duración

Entre o 20/12/2021 e o 20/02/2022.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 15 de decembro de 2021.
Prazas limitadas.

Máis cursos online