
Todo o que debes coñecer sobre o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral
Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundizar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo.
Ase mesmo, nesta formación trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación no orde penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes ás ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Docente
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronos e asíncronos co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
Que inclúe este curso?
- Marco normativo, conceptualización, elementos e exemplos de condutas
- Obrigas das diferentes partes involucradas
- A integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais na empresa
- Protocolo para a prevención e tratamento
- A tutela administrativa e xudicial
- Consecuencias xurídicas e protección das vítimas
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración do curso será de 10 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- Módulo teórico (6,5 h)
- Módulo práctico (3,5 h)
Módulo teórico
Este módulo estará composto por pílulas formativas de 4 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en sete temas vinculados á materia:
Ase mesmo, co obxectivo de expor dúbidas, abrir temas de debate, afondar no coñecemento das ferramentas e modelos proporcionados e resolver as dúbidas das persoas participantes, levarase a cabo unha sesión en liña (sesión en liña_Titorización: Repaso do contido teórico) na que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente. Esta sesión cunha duración de 2,5 h terá lugar o 28 de outubro en sesión de tarde.
Módulo práctico:
O módulo práctico combinará a explicación dos casos prácticos que deberán ser resoltos polas persoas participantes de maneira individual (gravación asíncrona de 1 h de duración) cunha sesión en liña de asistencia obrigatoria (sesión en liña_Resolución de casos prácticos) na que o alumnado exporá os seus traballos, recibirán feedback e traballarán nun debate conxunto. Esta sesión terá unha duración de 2,5 h e celebrarase o 11 de novemebro en sesión de tarde.
Prevención do acoso sexual e por razón de sexo no traballo
- 10 horas
- Do 20 de outubro ao 20 de novembro de 2021
- Prazas limitadas segundo orde de inscrición
A quen vai dirixido?
Duración
Entre o 20/10/2021 e o 20/11/2021.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 13 de outubro de 2021.
Prazas limitadas.
- 7 temas (10 horas)
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móvil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o curso