Cargando eventos

Taller 8. A diagnose e a mellora das condicións de traballo mediante o plan de igualdade

14 Novembro 2022 - 25 Novembro 2022

Formación en liña de 5 horas y 30 minutos en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo.

5 horas y 30 minutos

En liña e ao teu ritmo

Dispoñible no teu móbil

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Cristóbal Molina Navarrete, Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén

Rebeca Pérez Pico, Persoal técnico do gabinete de igualdade do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través de dúas sesión en liña que se celebrará o 14 e 22 de novembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa LAU Creaciones Impresión Digital SL que nos exporá a súa experiencia na integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo.

Que inclúe este curso?

A perspectiva de xénero na distribución do tempo de traballo

  • – Horario e distribución do tempo de traballo, incluídas as horas extraordinarias e complementarias
  • – Réxime de traballo a quendas

Contratación. O contrato a tempo parcial

Permisos e excedencias

Absentismo

Modificacións substanciais das condicións de traballo e xeográficas

Tipos de suspensión e extinción dos contratos de traballo

Medidas de mellora

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración destas sesións será de 5 horas y 30 minutos e adecuaranse á seguinte estrutura:

1º SESIÓN EN LIÑA: 14 de novembro de 2022

16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo.

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16:10 – 17:10 h A integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. Parte I

Cristóbal Molina Navarrete. Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén

17:10 – 17:25 h Rolda de consultas

17:25 – 17:30 h Descanso

17:30 – 18:30 h Medidas de mellora. Parte I

Rebeca Pérez Pico. Persoal técnico do gabinete de igualdade de CCOO

18:30 – 18:45 h Rolda de consultas

18:45 – 19:00 h Presentación empresa convidada: 

LAU Creaciones Impresión Digital SL

 

2º SESIÓN EN LIÑA: 22 de novembro de 2022

16:00 – 17:00 h A integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. Parte II

Cristóbal Molina Navarrete. Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén

17:00 – 17:15 h Rolda de consultas

17:15 – 18:15 h Medidas de mellora. Parte II

Rebeca Pérez Pico. Persoal técnico do gabinete de igualdade de CCOO

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

 

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir as sesións en liña programadas para os días 14 e 22 de novembro e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no contido do taller.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 14/11/2022 e o 25/11/2022.
O taller levarase a cabo a través de dúas sesión en liña que se celebrarán os días 14 e 22 de novembro de 2022 de 16:00 a 19:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o venres 25 de novembro para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 11 de novembro de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Comezo:
Novembro 14 @ 00:00
Remate:
Novembro 25 @ 00:00
Categoría do Evento: