Guía práctica sobre o teletraballo durante e deposis da pandemia da Covid-19

Esta guía ten como finalidade ofrecer recomendacións prácticas para lograr un teletraballo eficaz, que sexan aplicables a unha ampla gama de actores, brindar apoio aos responsables da formulación de políticas na actualización das políticas existentes e proporcionar un marco flexible mediante o cal tanto as empresas privadas como os organismos do sector público poidan elaborar ou actualizar as súas propias políticas e prácticas de teletraballo.
A guía tamén inclúe unha serie de exemplos relativos á forma en que os empregados e os responsables de formular políticas xestionaron o teletraballo durante a pandemia da Covid-19 e aborda as ensinanzas extraídas nos últimos meses que son pertinentes para o futuro dos acordos de teletraballo más alá da pandemia, ademáis dunha lista de ferramentas e recursos dispoñibles.

Se queres coñecer en detalle todos os aspectos que trata esta guía práctica sobre o teletraballo durante e despois da pandemia da Covid-19, preme nesta ligazón.