Presentación

O gran reto deste tempo no que nos atopamos actualmente é pasar da igualdade legal á igualdade real. E para iso, é importante o compromiso de toda a sociedade, incluídas as empresas e institucións.

Aínda que xa se leva traballado moito na aprobación e institucionalización de leis e políticas que recollen a necesidade de traballar para evitar as desigualdades entre homes e mulleres, e actualmente existen importantes avances;  aínda é necesario facer mais para cumprir cos compromisos asumidos e mellorar os niveis de igualdade e equidade na nosa sociedade.

A este panorama de compromisos e responsabilidades se suma a evidencia cada vez mais constatada de que un maior equilibrio entre mulleres e homes nas empresas e nas organizacións mellora a produtividade, favorece a innovación e facilita a adaptación das empresas de calquera tamaño ao mundo globalizado e cambiante de hoxe en día.

Por esta razón, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ve fundamental asumir o compromiso de poñer en marcha este campus en liña coa finalidade de que toda persoa interesada en formarse en igualdade laboral poida facelo a través da participación en diferentes xornadas e cursos formativos nesta materia.

Asumindo por tanto un papel fundamental de facilitadores de acceso ao coñecemento tanto para homes como mulleres, de formación en igualdade laboral e de boas prácticas neste ámbito, que fomenten a igualdade de xénero e a non discriminación por razón de sexo, e así avanzar entre todos cara unha maior igualdade real e efectiva.